🥈🥈As nosas Meles Monoflorais veñen de ser recoñecidas de novo dentro do Certame MEL 5 ESTRELAS 2022. Organizado pola Asociación Galega de Apicultura ós cales lles agradecemos a súa labor enorme de promoción dos meles galegos de calidade🍯👇
🥈Segundo Posto – 🟢Mel de Eucalipto
🥈Segundo Posto – 🟣Mel de Breixo
😃Ilusionados, sentindo como é recompensada a nosa forte aposta por ofrecer ata 4 meles de diferentes variedades e íntegramente colleitadas na Mariña Lucense🏞️🌊
Dende a honestidade e humildade, seguiremos axudando a que a #culturadomel continúe medrando e enriquecéndose en todos os seus eidos🍯🍽️


0 comentarios