O Poder das Flores en Quen Anda aí?

O Poder das Flores en Quen Anda aí?

A Roberto Vilar encantoulle o noso mel de Eucalipto, un mel moi doce e floral!! En cambio, Juan Fuentes prefire o mel de breixo, máis vexetal e amargo («ten máis lío, máis matices»). Raquel Atanes»non é moi de mel» e ainda así cambiou de parecer sobre él
De algún xeito todo isto resume todo polo que traballamos en O Poder das Flores, ofrecer unha experiencia diferente
ESMELGA 2022

ESMELGA 2022

🍯💛 ESMELGA 💛🍯

Por fin estamos na tempada que máis nos gusta🤩!! Colleitar todo o Poder das Flores da contorna dos nosos colmeares🐝!!

Xa temos dispoñible a nosa mel de CASTIÑEIRO, EUCALIPTO e MULTIFLORAL! Podedes facer as vosas encargas aquí 👇

✅ WhatsApp/Tlf: 644024704
✅ Email: info@opoderdasflores.com
✅ DM Instagram/Facebook
✅ Puntos de Venda

LONDON HONEY AWARDS 2022

LONDON HONEY AWARDS 2022

O noso Mel de Eucalipto 2022, ven de ser recoñecido coa distinción de OURO no prestixioso certame LIHA 2022 celebrado fai úns días en Londres🇬🇧.

Aínda que o Val do Ouro está vixiado por milleiros de eucaliptos, as súas floracións normalmente son irregulares e moi escasas.

🍀 Por sorte, nesta primavera tan atípica en canto a temperaturas☀️🌡️, fomos agasallados con todo o poder das súas flores, do que logo as nosas abellas crearon este manxar🍯🔝.

✍️Trátase dunha mel cór ambar claro, olor floral e céreo, cun sabor predominantemente doce, con pequenos matices ácidos.

Recordade que comezaremos axiña a entregar as reservas que recibimos durante o ano, e que estará dispoñible ata esgotar este pequeno lote 🍯💨💨!!

https://www.londonhoneyawards.com/awards-results-2022/o-poder-das-flores/

#opoderdasflores #LIHA2022 #meldeeucalipto #meldegalicia #miel #reconocimiento #london #amariña #alfoz

NOVA REPORTAXE en @lasexta !!

NOVA REPORTAXE en @lasexta !!

Queremos que o rural siga manténdose vivo, e encántanos que cada vez máis xente nova se decante pola apicultura como unha actividade dinamizadora🐝🍯🤘

O mundo abelleiro conta con un amplo abano de posibilidades de comercialización e de diversificación (e moitas que seguro están por vir…)☺️👌!!

🧐 Botádelle un ollo, que ademáis compartimos 📽️ pantalla con grandes profesionais coma @meles_js e @belacolmea 🔝🔝👏👏!!

Aquí o link
OPdF en QUINCEMIL

OPdF en QUINCEMIL

Seguimos entusiasmados con cada reportaxe na que participamos🤩. Neste caso, un 1️⃣0️⃣ para Carlos Torrado que nos tratou de forma excepcional!!

Somos conscientes de que chegar aquí é todo un luxo, do cal nos sentimos moi agradecidos e ó mesmo tempo nos reafirma na nosa aposta polo noso rural🙏🔝

Deixamos o link 👇

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/o-poder-das-flores-desde-lugo-una-de-las-mejores-mieles-de-galicia 

#opoderdasflores #mieldegalicia #quincemil #miel #productogourmet #reportaje #periodicodigital #lugo #amariña #alfoz

🐝O Poder das Flores en Labranza * TVG* 🐝

🐝O Poder das Flores en Labranza * TVG* 🐝

Aquí podedes ver o programa deste pasado sábado, onde amosamos todo o agarimo que poñemos en todos os nosos produtos, e en especial no🥇Mellor Mel Monofloral de Galicia 2021🥇

Moi agradecidos á @tvgalicia por acompañarnos durante esta xornada tan bonita e emocionante❣️

@meldegalicia_oficial
@experienciasdecalidadegalicia

Aquó o link👇

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/premios-dop-arzua-ulloa-premios-mel-de-galicia?t=1566