O Poder das Flores en Quen anda aí?

O Poder das Flores en Quen anda aí?

Onte sacamos o traxe de abelleiros e fumos ata o plató de @quenandaai_tvg con @robertovilar @raquelatanes e @juanfuentes80

Sentímonos moi afortunados de poder pasar un anaco tan divertido con estos cracks da @tvgalicia 

Sempre se nos pasa voando o tempo cando estamos a falar do mundo abelleiro, pero esperamos que disfrutásedes do programa.
Tocou facer unha pequena cata de diferentes meles, todos eles colleitados na Mariña Lucense

EMPRENDEMENTO NO RURAL

EMPRENDEMENTO NO RURAL

💡EMPRENDEMENTO🤔

🙏Moitas grazas a Isabel Neira por invitarnos á @radiogalega durante a emisión en directo do programa A Tarde.

Sempre se fai curto para todo o que queremos transmitir sobre o noso humilde proxecto abelleiro, unha actividade sustentable e respetuosa co noso medio🐝🌍

Para nós, emprender no Rural foi sinxelo, xa que temos a sorte de poder facelo xunto coa nosa xente e nunha contorna privilexiada🌳✨⭐

Seguro continuarán a xurdir novas iniciativas en moitos eidos, as cales manterán a dinamización económica e social dos nosos pobos 👪

Podes escoitar a entrevista no seguinte link (tamén na bio)👇

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-31-10-2022-5865201?t=164 

GALICIA ETIQUETA CALIDADE

GALICIA ETIQUETA CALIDADE

⚪🔵⚪ GALICIA ETIQUETA CALIDADE

Un luxo participar neste evento organizado por AGACAL, espazo de encontro entre #produtores de calidade, #distribuidores e canle #horeca. Moitas grazas a todos☺️👏👏!!

Unha labor de promoción🔝 de produtos galegos con calidade diferenciada e etiquetados baixo os distintos selos do noso país.

Seguimos apostando polo produto de cercanía e a súa valorización real a través do bo facer dos profesionais que estamos detrás de cada envase, e que traballamos día a día por ofrecer honestidade e confianza🍷🌰🫑🍯🧀🥖

📌 Hotel Monumento San Francisco

ESMELGA 2022

ESMELGA 2022

🍯💛 ESMELGA 💛🍯

Por fin estamos na tempada que máis nos gusta🤩!! Colleitar todo o Poder das Flores da contorna dos nosos colmeares🐝!!

Xa temos dispoñible a nosa mel de CASTIÑEIRO, EUCALIPTO e MULTIFLORAL! Podedes facer as vosas encargas aquí 👇

✅ WhatsApp/Tlf: 644024704
✅ Email: info@opoderdasflores.com
✅ DM Instagram/Facebook
✅ Puntos de Venda